ACTO CO SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA

10993968_1135222896529529_6795113406659697034_nNa tarde de hoxe tivo lugar un acto no que o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, recibiu @s deportistas da provincia de Pontevedra que durante o ano 2014 se proclamaron Campións de España.

O acto tivo lugar no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra.
Seis foron os deportistas do Breogán convidados a este acto: Tono Campos, Diego Romero, Miguel Fernández, Jacobo Domínguez, Pedro Areal e Adrián Fernández. Os tres primeros acudiron a recepción, mentres que os outros tres non puideron acudir, estando presente o Presidente do Breogán, na súa representación.