CATRO MEDALLAS NO CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO

11021216_1138226856229133_7240515658591133990_nHoxe iniciouse en Verducido a tempada oficial de piragüismo, coa celebración do Campionato Galego de Inverno, onde competiron dezaoito padexeir@s do Breogán.

Nesta primeira competición da tempada, @s nos@s padexeir@s acadaron un total de catro medallas.

Diego Romero e Tono Campos dominaron con claridade o C-1 home senior, proclamándose campión e subcampión galegos respectivamente.

Natalia García obtivo un gran resultado ó proclamarse subcampiona galega no K-1 muller senior, por detrás da olímpica Teresa Portela.

E a cuarta medalla foi para Rut Otero, que se colgou o Bronce no K-1 muller veterana.

Os demais padexeir@s obtiveron os seguintes resultados:

K-1 muller cadete: Antía Naveiro (19ª), Ángela Rodríguez (35º f.c.)
K-1 home cadete: Sergio Outeda (37º f.c.), Daniel Mourelos (39º f.c.), Diego Vázquez (70º f.c.)
C-1 home cadete: Juan Camilo Ortíz (19º)
K-1 muller senior: Tania Álvarez (12ª)
K-1 home xuvenil: Edu da Silva (15º), Adrián Otero (34º)
C-1 home senior: Jacobo Domínguez (18º), Félix Meis (26º), Miguel Fernández (27º), Sergio Meis (31º f.c.)
K-1 home senior: Yoel Alonso (26º)