Na mañá de hoxe, xoves, tivo lugar no Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela a presentación do patrocinio de ABANCA ao Plan de Patrocinios dos Equipos de Alta Campetición de Galicia e a súa base, posto en marcha pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego.
Un total de 100 entidades deportivas galegas que presentaron propostas publicitarias para o patrocinio de ABANCA, estiveron presentes neste acto; entre as que se atopaba o Breogán de O Grove, representado por Marcelino Cacabelos e Javier Outeda.
O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia é un programa posto en marcha pola Fundación Deporte Galego na tempada 2009/2010. O apoio de ABANCA terá como obxetivo os equipos de alta competición incluidos no programa da Fundación que contan con equipos en categorías de base, estimándose que este medida acadará a máis de 10.000 nenos e nenas de Galicia.
No acto de presentación da sinatura de este acordo, estiveron presentes o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o Vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez.