A vindeira fin de semana celebrarase en Sevilla o Campionato de España de Inverno, onde estará presente o Breogán.
O equipo contará con varias baixas importantes, destacando a ausencia da kaiakista senior Natalia García (2ª no Campionato Galego por detrás de Teresa Portela) ou a do canoista senior Jacobo Domínguez.
Trece serán os deportistas que teremos presentes neste campionato, tendo como obxetivo acadar un posto entre os dez primeiros clubs de España, e intentar meternos entre os tres primeiros postos na categoría senior masculina.
Competirán os seguintes padexeir@s:
K-1 home senior: Yoel Alonso.
K-1 muller senior: Tania Álvarez.
C-1 home senior: Diego Romero, Tono Campos, Miguel Fernández, Pedro Areal, Adrian Fernández, Félix Meis, Sergio Meis.
K-1 home xuvenil: Edu da Silva, Adrian Otero.
C-1 home cadete: Juan Camilo Ortiz.
K-1 muller cadete: Antía Naveiro.