Hoxe celebrouse no Pavillón de Congresos da Illa da Toxa a onceava edición da Gala do Deporte Meco, na que se galardoaron @s mellores do ano 2014.
Breogán e @s seus deportistas contaban con varias nominacións en varios apartados; sendo os premiados en varios deles:
MELLOR CLUB: Piragüismo Breogán.
MELLOR DEPOSTISTA MASCULINO: Tono Campos.
MELLOR ADESTRADOR: José Luis Otero e Kito Parada, adestradores do Proxecto Olímpico C-2 1.000 m., de Tono Campos e Diego Romero.
MENCIÓN UNHA VIDA ADICADA Ó DEPORTE: Alberto García Besada, fundador do Xadrez Breogán.
Finalistas
Natalia García, Mellor Deportista Feminina.
C-4 Infantil: Mellor Deportista Promesa Masculino.
XI Travesia da Toxa: Mellor Evento Deportivo.
Piragüismo Breogán: Mellor Traballo coa Base.
Lino Cacabelos: Mellor Adestrador.
E tamén recibiron un diploma @s compoñentes dos equipos de Infantís e os do equipo Alevín e Benxamín, por proclamarse Campións Galegos nas súas respectivas categorias.