RESULTADOS DA XII TRAVESÍA DA TOXA

Na mañá de hoxe disputouse a XII Travesia da Toxa-XXIX Trofeo Concello de O Grove de Piragüismo-Campionato Galego de Travesías. 

O tempo non foi todo o bo que podiamos esperar, acompañándonos un vento que afectou á regata da que se tivo que modificar o percorrido, producíndose bastantes volcos en distintas categorías.

Os resultados dos nosos padexeir@s foron os seguintes:

11150386_1173156906069461_8069409436693960804_n– 17º Daniel Mourelos e Juan Camilo Ortiz en K-2 home cadete.
– 6º Antía Naveiro e Ángela Rodríguez en K-2 muller cadete.
– 20º Edu da Silva e Adrián Otero en K-2 home xuvenil.
– 6ª Sara Bravo, Sara Cacabelos, Rut Otero e Antía Rodríguez en K-4 muller senior.
– 6º Borja Meis, Sergio Meis, Diego Naveiro e Félix Meis en C-4 home senior.
– 2º Miguel Fernández, Sami Grigore, Cristian Ribademar e Tino Rodríguez en C-4 home senior.

A nivel de clubs, o gañador desta edición da Travesía da Toxa foi o Club de Mar Ría de Aldán, seguido do Club Naval de Pontevedra e a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra.
O Breogán ocupou a novena posición por clubs.