DIEGO ROMERO, SÉTIMO NA PROBA C-1 5000M NO EUROPEO DE RACICE

Esta fin de semana disputouse en Racice (República Checa) o Campionato Europeo de piragüismo na categoría senior. Tono Campos e Diego Romero asistiron a este campionato, formando parte do grupo de 27 palistas que representaban a España (14 deles galegos), onde tamén estaba Teresa Portela, entre outros).

Tono e Diego competiron o sábado na proba C-2 1000m., onde lograron mellorar a quinta posición acadada nesta mesma proba a pasada tempada, pero non o suficiente como para facerse cun dos  tres billetes que os clasificaban para disputar a final (que se celebraba o domingo). O cuarto posto acadado non foi suficiente, se ben quedaron a 2,428 segundos dos terceiros clasificados, os húngaros Sarudi e Forgó. 

Con todo, este non foi o único resultado acadado polos do Breogán. Diego Romero, o único palista galego en competir en días modalidades neste europeo, logrou a sétima posición na outra proba á que se presentaba, o C-1 sobre 5000m.

TONO CAMPOS Y DIEGO ROMERO (1)