O pasado sábado, celebrouse en Zamora unha regata da Liga nacional de Jóvenes Promesas, puntuable para a Liga Nacional de Jóvenes Promesas, un evento que se disputou baixo un calor sofocante debido ás altas temperaturas do verán.
O esforzo dos participantes do Breogán na proba deu como resultado un moi bo sexto posto final por clubs. Nunha clasificación na que nos metemos ata seis clubs galegos entre os doce primeiros, proclamándose como Campión desta regata o C.N. Pontecesures, NORABOA.