CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN
Un ano máis o Breogán, xunto con outros clubs da ADM, colabora co Concello de O Grove na organización do Campamento Deportivo de Verán.
Os rapaces e rapazas apuntados a este campamento, van practicando diversos deportes e actividades: balonmán, piragüismo, fútbol, remo, baloncesto, xogos motores, xogos alternaitvos, etc.
Durante a semana do 6 ó 11 de xullo (fotos que podemos ver), tócalles facer piragüismo, actividade que repetirán no mes de agosto entre os días 3 e 8.