CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PISTA SENIOR-XUVENIL

11694792_1216910578360760_7702188461056518269_nMañá venres, dará comezo o Campionato de España de Pista para categorías senior e xuvenil, que terá lugar no encoro do Pontillón do Castro-Verducido, rematando a competición a medio día do domingo.

Última regata da Liga Nacional de Pista, na que o Breogán volverá a contar con varias baixas. Nesta tempada non se puido afrontar ningunha das catro regatas desta Liga Nacional con todo o potencial do noso equipo. Aínda así agardamos facer un papel digno neste campionato e loitar por varios metais.

O equipo que presenta Breogán será o formado por:

KAIAK MASCULINO XUVENIL:
– Edu da Silva
– Adrian Otero

CANOA HOME SENIOR:
– Tono Campos
– Diego Romero
– Adrian Fernández
– Miguel Fernández
– Tino Rodríguez
– Diego Naveiro

KAIAK MULLER SENIOR:
– Natalia García
– Tania Álvarez

CANOA MULLER SENIOR:
– Antía Rodríguez