ACTIVIDADE DO EQUIPO DE PIRAGÜISMO PARA A FIN DE SEMANA

1045000_1220898237961994_935631930260567190_nNova fin de semana chea de actividade para @s nos@s deportistas. O sábado dispútase en Verducido o Campionato Galego de Pista para Infantís 1.000 m. O domingo acudiremos á Regata Internacional de Sanabria e Diego Romero tomará parte no Control Selectivo de onde sairá o C-1 que representará a España na distancia de 1.000 m. no Campionato do Mundo de Pista. E durante a fin de semana celebrarase o Campionato do Mundo Master de Velocidade en Portugal, onde tamén teremos representación grazas a Rut Otero.

– CAMPIONATO GALEGO DE PISTA PARA INFANTÍS  1.000 m.

Celébrase en Verducido en xornada de mañá e tarde, onde estarán presentes:

K-1 home infantil «A»: Alex Oliveira, Adrián Agraso, David Fandiño, David López, Alan Otero.

C-1 home infantil «A»: Iván Meis.

K-1 muller infantil «A»: Natalia Romero, Antía Soutullo, Sofía Martiínez, Luciía Lamas.

K-1 muller infantil «B»: Lucía Devesa, Lorena Moldes, Andrea Piñeiro.

C-1 home infantil «B»: Jose Couso, Borja Lamas, Aarón Castro.

K-1 home infantil «B»: Isaac Gorrita.

– LIII REGATA INTERNACIONAL «SANABRIA 2015»

Ata o Lago de Sanabria desprazaranse @s seguintes deportistas:

– Canoa home senior: Miguel Fernández, Adrián Fernández, Tino Rodríguez, Diego Naveiro.

– Kaiak home xuvenil: Edu da Silva, Adrián Otero,

– Kaiak home cadete: Daniel Mourelos, Sergio Outeda.

– Kaiak muller cadete: Antía Naveiro, Ángela Rodríguez.

– CONTROL SELECTIVO

O domingo as 11,30h da mañá en Verducido, Diego Romero tratará de facerse co billete para disputar o C-1  1.000 m. no Campionato do Mundo de Pista; campionato para o que xa esta clasificado para remar o C-2  1.000 m., xunto con Tono Campos.

Os rivais de Diego serán todos galegos: Andre Oliveira (Firrete de Pontedeume), Brais Casas e Jose Luís Bouza (Kayak Tudense), Sergio Vallejo (Piragüismo Poio).

Prevese unha interesante disputa despois do acontecido recentemente no Campionato de España de Pista, precisamente nesta mesma modalidade e distancia, onde se impuxo Diego Romero pero con outros dous padexeiros (Casas e Oliveira) entrando no mesmo segundo.