Hoxe iniciouse o CAMPIONATO DO MUNDO MASTER DE VELOCIDADE, que se disputa esta fin de semana na súa primeira edición, tendo como escenario Montemor o Velho (Portugal).
Rut Otero está inscrita nun total de seis probas deste Mundial de Veteranos, disputando un total de cinco finais neste primeiro día de competición.
A colleita de medallas da nosa deportista foi moi importante, pois acadou un total de catro medallas: unha de ouro, dúas de prata e outra de bronce.
A Medalla de Ouro que lle dá o titulo de Campiona do Mundo acadouna no K-4 mixto 200 m., que formou xunto con: Araceli Menduiña, David García e Jésus Dacosta.
Rut colleitou dous titulos de Subcampiona do Mundo, un no K-2 200 m. xunto con Araceli Meduiña; e outro no K-4 200 m., con Araceli Menduiña, Ángeles Fontenla e Mónica Varela.
A cuarta medalla do feixe conseguido por Rut foi de Bronce, que se colgou no K-2 mixto 200 m. xunto con David García.
Rut remou outra regata, que foi o K-1 200 m., no que rematou na 5ª posición.
Mañán Rut terá outra proba que disputar, o K-2 2.000 m.
Esta primeira edición do Campionato do Mundo Master de Velocidade ten unha inscripción un tanto irregular, onde destacan os deportistas portuguese e españois; pero estando representados un bo número de países a través dos seus deportistas, entre os que se atopan: Rusia, Lituania, Moldavia, Eslovenia, Argentina, Bielorusia, Italia, USA, Irlanda, Letonia, Ukrania, Uriguay, Hungría, etc.