CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PISTA DE NOVAS PROMESAS (CADETES-INFANTÍS)

O resultado deste Campionato non foi o agardado, quedando o Breogán no posto 33 da clasificación por clubs. Tivemos presencia en sete regatas finais, o que non reflicte o noso potencial nestas categorías, nin o esforzo realizado polos nos@s padexeir@s e @s técnicos o longo da tempada.

Pero o deporte é así, e estamos moi orgullosos de tod@s eles e do traballo que realizan, porque traballando os resultados chegarán.

Os finalistas que tivemos neste Campionato foron:

– Lucía Devesa, 1ª na Final B no K-1 muller infantil B
– Camilo Ortiz, 4º na Final B no C-1 home cadete B
– Borja Lamas, 6º e Aarón Castro 7º, na Final B no C-1 home infantil B
– Iván Meis, 3º na Final C no C-1 home infantil C.
– 5º posto de Lucía Devesa e Lorena Moldes no K-2 muller infantil B
– K-4 home infantil A, quinto posto na final B: David López, Alex Oliveira, Isaac Gorrita e David Fandiño.

10987450_1227653240619827_7112333178570776946_o