Hoxe, ás oito da tarde, realizarase un recibimento no Concello a Tono Campos e Diego Romero trala súa participación no Campionato do Mundo de Pista en Milán (Italia).
Neste campionato, no que os dous padexeiros do Breogán participaron en dúas distancias olímpicas; Diego Romero acadou a 7ª posición na Final «B» no C-1 1.000 m.; e xuntos no C-2 1.000 m. quedaron a un paso da gran final ó rematar cuartos na súa semifinal (pasaban 3); sendo logo 7º na Final «B».
Cabe destacar tamén o Subcampionato do Mundo acadado por Tono Campos no C-1 5.000 m.
Este recibimento quere ser un recoñecemento ó traballo realizado durante todo o ano por Tono e Diego; así como o do seu equipo técnico: José Luís Otero Padín e Kito Parada.
NORABOA ÓS CATRO.