VITALDENT, NOVO COLABORADOR DO CMDC BREOGÁN

Dende a Xunta Directiva seguimos a petar en moitas portas, de cara a conseguir colaboracións que nos axuden a manter as actividades da nosa entidade.

Hoxe podemos anunciar unha nova colaboración de VITALDENT, que a través da Clínica Vitaldent Sanxenxo, que nos ofrece situacións vantaxosas, ademais de para o club, tamén a soci@s, deportistas e familiares.

@s membr@s da nosa entidade, pódense beneficiar, na Clínica Vitaldent Sanxenxo, dun desconto do 5% en todos os seus servizos e tratamentos.

E a final de ano esta clínica aboará á nosa entidade unha porcentaxe dos tratamentos realizados.

Con esta colaboración tod@s saímos gañando.

11898938_1246325402085944_438292677018716641_n