A SEDE DO CLUBE CONTA CUNHA NOVA VITRINA DE TROFEOS

O C.M.D.C. Breogán xa conta cunha nova vitrina de trofeos. Os traballos levados a cabo por Groveal Aluminio PVC nunha das salas da sede do clube remataron hai poucos días, cun resultado espectacular. O Breogán dispón ahora dun lugar axeitado para gardar os trofeos que se foron gañando o longo dos anos polos deportistas que competiron e compiten defendendo as cores da entidade meca.

VITRINA BREOGAN

Aspecto da nova vitrina de trofeos na sede do clube.

A construcción da nova vitrina responde a unha pretensión da directiva breoganista de dotar á sede do clube de mobiliario que permita organizar os trofeos e demáis premios e galardóns acadados ó longo da importante traxectoria deportiva do clube grovense.

Asemade, nun futuro está previsto que se organice unha presentación da historia e hitos acadados polo Breogán durante estes anos, así como unha xornada de portas abertas para que, quen o desexe, poida visitar a sede do clube e votarlle unha ollada ós nosos trofeos.