BREOGAN PON O SEU GRAO DE AREA NA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

O 17 de maio de 1982 “Día das Letras Galegas”, o CMDC Breogán do Grove editaba o libro O SEÑOR FEUDAL OU ¿QUEN MATOU O MECO” de de F. Franco Calvete, con ilustracións de M. Besada.

Corenta anos despois de esta publicación, e a modo de celebración, o CMDC Breogán pondrá o seu grao de área na celebración do Día das Letras Galegas 2022, poñendo o alcance de quen o desexe, este libro.

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o vindeiro martes a partires das 10:30 h. a rúa Castelao acollerá a FEIRA DO LIBRO GALEGO con Librería Espazo Lector Novel e PatasdePeixe Editora.

Cada persoa que adquira un libro en galego nesta Feira do Libro en Galego, por 1€ máis pode levar un exemplar de O SEÑOR FEUDAL OU ¿QUEN MATOU O MECO” que o CMDC Breogán do Grove publicou hai corenta anos.