Hoxe disputouse no Complexo Deportivo David Cal de Verducido a primeira xornada da Copa de España de Novas Promesas – Cadetes.
Breogán conta con un equipo de nove padexeir@s participando nesta competición, e no día de hoxe o resultado máis destacado foi a Medalla de Ouro que acadou Lara Remigio no C-1 muller cadete B 500 m.
Pola súa banda, Pepe López fixose coa terceira posición na Final B do C-1 home cadete B 1.000 m.
Tamén acadaron o seu pase a final Alex Barreiro e Lara Remigio no C-2 cadete mixto 500 m., final que remarán na xornada de mañan.
Tamén participaron na xornada de hoxe sábado, pero non chegaron ata a final:
Alba Rey no K-1 muller cadete B 500 m.
Xian Gondar no C-1 home cadete B 1.000 m.
Diego Domínguez no K-1 home cadete B 1.000 m.
Alba Rey e David Dominguez no K-2 cadete mixto 500 m.
Mañán, ademáis de Alex Barreiro e Lara Remigio disputando a final do C-2 cadete mixto, disputaran a final do C-4 home cadete: Jaser Antonio Silva, Jairo Barral, Alex Barreiro e Mateo Feijoo.
Previamente os C-2 home cadete deberán buscar nas súas semifinais o pase as finais, onde agardamos ter unha boa representación.
#camiñoaorespecto #GaliciaSaudable #Abanca #igualdadenarede #NON #fundaciondeportegalego #deputaciónpontevedra #concellodogrove #xacobeo2122