BREOGÁN DO GROVE EN MEQUINENZA (ZARAGOZA), NA COPA DE ESPAÑA DE MARATÓN E SELECTIVO

A “expedición” do Breogán do Grove xa se atopa en Zaragoza para participar na Copa de España de Maratón e nos selectivos que darán os “billetes” os deportistas para a súa participación no Campionato de Europa de Maratón.O técnico Jose Luis Otero desprazouse a terras mañas, cos deportistas: Tono Campos, Diego Romero, Tania Alvarez e Marta Mourelos, donde competirán o venres nas probas do control selectivo de maratón curto, e o sábado e domingo, nas probas da Copa de España de Maratón.Na xornada do venres, os catro breoganistas tomarán parte nas probas do control selectivo de maratón curto, donde teñen que remar un total de 3 Km., dando 3 voltas ao circuito e facendo 2 porteos.No C-1 home senior participarán Tono Campos e Diego Romero, tendo a saída programada para as 11:30 h.; logo será o turno de Tania Alvarez e Marta Mourelos que a partir das 12:00 h. competirán no K-1 muller senior.O sábado, dentro das competicións da Copa de España de Maratón, que o mesmo tempo serán control selectivo nas distancias estándar, a primeira en competir será Tania Alvarez que as 11:34 h saírá no K-1 muller senior (26,2 km), catro minutos despois tomará a saída Marta Mourelos no K-1 muller sub (23 22,6 km).Tono Campos e Diego Romero no C-1 home senior, tomarán a saída as 11:40h. (26,2 km).O domingo será o turno para as embarcación dobres, donde voltarán a competir Tono Campos-Diego Romero no C-2 home senior que sairán as 11:38 h. para facer 26,2 km.#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122