TONO, DIEGO e TANIA SACAN O “BILLETE” PARA O CAMPIONATO DE EUROPA DE MARATÓN CURTO

Hoxe disputouse en Mequinenza (Zaragoza), o control selectivo de maratón curto donde os deportistas se xogaban as prazas para o Campionato de Europa de Maratón.Catro deportistas do Breogán do Grove participaron en este control selectivo: Tono Campos e Diego Romero no C-1 home senior e, Tania Alvarez e Marta Mourelos no K-1 muller senior.Tono Campos impuxose no C-1 home senior, seguido do seu compañeiro Diego Romero, que se facían coas dúas prazas de esta categoría.Tania Alvarez tivo que pelear máis a súa clasificación, nunha regata moi disputada, onde rematou na segunda posición por detrás da zamorana Eva Barrios, e acadando a súa praza para o Europeo. Nesta regata, Marta Mourelos no seu primer ano na categoría, rematou na sétima posición.Durante a fin de semana, estes catro deportistas loitarán na Copa de España de Maratón, polas prazas nas distancias estándar do maratón.

#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122