NOEL E DIEGO DOMÍNGUEZ DO BREOGÁN DO GROVE, SUBCAMPIÓNS DE EUROPA

O domingo 26 de xuño disputouse a final do C-2 home Sub 23 500 m, no Campionato de Europa de Xuvenís e Sub 23, disputado en Belgrado (Servia). Final na que se meteron os padexeiros do Breogán do Grove, Noel e Diego Domínguez que partían con moitas opcións de loitar polas medallas, tras facer o mellor tempo nas eliminatorias.Noel e Diego realizaron unha boa regata, moi disputada, acadando a segunda posición e Medalla de Prata, con un tempo de 1:41.526; sendo só superados polo C-2 italiano de Gabriele Casadei e Dawid Szela.PARABÉNS NOEL e DIEGO#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122