@S NOS@S DEPORTISTAS ACADAN SETE MEDALLAS NA 28 BAIXADA INTERNACIONAL DO UMIA.

Hoxe disputouse en Ribadumia, a 28 Baixada Internacional do Umia; donde @s nos@s deportistas se colgaron un total de sete medallas. Esta regata tamén foi o Campionato Galego de Ríos e Travesías.

No K-1 muller senior, Marta Mourelos rematou na terceira posición na competición, proclamándose o mesmo tempo Campiona Galega, xa que foi superada pola navarra Amaia Osaba (Piragüismo Pamplona) e pola portuguesa Maria Gomes (Náutico Prado).

Alba Rey acadou a Medalla de Prata no K-1 muller cadete, mentras que Lara Remigio se facía coa Medalla de Prata no C-1 muller cadete.

Antonio Silva colgouse a Medalla de Bronce no C-1 home cadete, nesta mesma categoría Alex Barreiro foi 5º, Jairo Barral 8º, Mateo Feijoo 11º e Xian Gondar 12º.

Os veteranos Sami Grigore e Lino Cacabelos fixeronse coa Medalla de Ouro no C-2 home senior. David Leiro acadou a Medalla de Ouro no SUP home senior e Iván Treinta era Medalla de Prata entre os galegos no SUP home veterano.

Outros resultados:

– Yoel Alonso 8º no K-1 home senior.

– Javi Blanco 5º C-1 home veteran.

– Mili Piñeiro 6º K-1 muller veteran.

– David Domínguez 37º K-1 home cadete.

– Simón Díaz 18º K-1 home veteran.

– Diego Cabaleiro 31º K-1 home veteran.

– Antonio Devesa 38º K-1 home veteran

.#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122