A pasada fin de semana disputouse o Campionato de Europa de Sprint en Munich (Alemania), donde o Breogán contou con representación da man de Diego Romero, que participou na final do C-1 na distancia dos 5.000 m.
Diego rematou nunha boa cuarta posición, pero a mesma veu condicionada por un “incidente” con italiano Tachini.
Cando Diego e o italiano loitaban polo terceiro posto, nunha das ciabogas do percorrido, o italiano vai díante pero con Diego ocupando a parte interior, o italiano pechase en exceso impedindo o paso do noso padexeiro e chegan a tocarse e saltanse unha das boias. Diego o sentir o toque parase, da para atrás e colle de novo a boia; mentras que o italiano aproveita o non coller a boia para marcharse de Diego e facerse co terceiro posto nunha maniobra, que nos entendemos, bastante “dudosa”.
PARABÉNS DIEGO.
#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122