OS PADEXEIROS DO BREOGÁN DO GROVE COLGANSE CINCO MEDALLAS NO CAMPIONATO DO MUNDO SUB 23 TRIPLETE DOS IRMÁNS DOMÍNGUEZ

Szeged (Hungria) foi o escenario onde esta semana se disputou o Campionato do Mundo Sprint Junior e Sub 23, onde os padexeiros do Breogán do Grove foron protagonistas.Noel Domínguez, Diego Domíguez e David Barreiro tiveron unha espectacular actuación e colgaronse cinco medallas: dous ouros, dúas pratas e un bronce.

TRIPLETE PARA OS IRMÁNS DOMÍNGUEZ.

Para enmarcar foi a actuación dos irmáns Domínguez, Noel e Diego cada vez que disputaron unha final, e fixerono tres veces cada un, colgabanse unha medalla.

Os dous xuntos gañaban a Medalla de Prata no C-2 Sub 23 sobre a distancia olímpica dos 500 m.

Logo na distancia dos 1.000 m. subianse de novo o pódium para recoller a Medalla de Bronce.

Diego Domínguez, para completar o seu triplete, facíase coa Medalla de Ouro no C-2 mixto Sub 23, formando parella con Antía Jácome (E.P. Ciudad de Pontevedra).E Noel Domínguez, colgabase a súa terceira medalla, o acadar a Medalla de Prata no C-1 Sub 23 5.000 m.

Pola súa parte David Barreiro gañaba a Medalla de Ouro no C-4 Sub 23 500 m., acompañado de Manuel Fontán (O Muiño de Ribadumia), Martín Jácome (E.P. Ciudad de Pontevedra) e Cayetano García (N. Sevilla),

#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122#oteuxacobeo