AS MEDALLAS DO TRIPLETE EN ELESMA-EBIKES

O pasado domingo 19 de marzo, os canoistas do Breogán do Grove acadaban o triplete, copando o pódium da categoría C-1 home senior no Campionato de España de Inverno disputado en Sevilla.

Noel Domínguez facíase co título de Campión de España, Diego Romero proclamabase Subcampión de España e Tono Campos facíase coa Medalla de Bronce, completanto un pódium totalmente breoganista.

Agora as tres medallas deste triplete estarán expostas no local de ELESMA-EBIKES, xunto con unha foto dos tres protagonistas e as palas dos Campión do Mundo Tono Campos e Diego Romero.

Esta exposición estará presente ata o vindeiro sábado 1 de abril e, entre as persoas que visiten o local de ELESMA-BIKES, farase un sorteo de unha camiseta do Breogán.

Na foto, Manuel Piñeiro responsable de ELESMA-BIKES recolle de mans do presidente do Breogán, as medallas e resto do material que estará presente nesta exposición.

Tamén queremos recordar que este gran resultado non é a primeira vez que se consigue e cos mesmos protagonistas, pois no ano 2018 estes tres deportistas tamén acadaron o triplete do C-1 home senior no Campionato de España de Inverno en Sevilla; aínda que o orden fora distinto.

Daquela quedara Campión de España Tono Campos, Diego Romero tamén fora Subcampión de España e Noel Domínguez fixerase coa Medalla de Bronce.

#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove