Os días 16 e 17 de marzo celebrouse en Sevilla o XLIV Campionato de España de Inverno Senior, Sub 23 e Xuvenil, onde o noso equipo amosou que sigue na élite do piragüismo nacional o acadar a sexta posición.
O mesmo tempo, disputouse o XLIV Campionato de España de Inverno de Xovenes Promesas (Cadetes) e o XI Campionato de España de Inverno para Veteranos. Breogán estivo representado nos dos campionatos, obtendo o posto 47 entre os máis xovenes e o 30 entre os máis maiores.
Entre a boa actuación dos nosos deportistas, destacou Diego Romero que se fixo co Subcampionato de España no C-1 senior, sendo ouro na categoría de Sub 23. Tamén estivo preto dos metáis Laura García, no K-1 muller xuvenil, mentras o seu irmán Manuel foi octavo entre as canoas xuvenís.
Natalia García e Tania Alvarez na súa primeira participación nacional na categoría senior, tiveron unha boa actuación. Pola súa banda Alvaro Bravo, despois duns problemas na espalda durante o inverno, vai collendo forma e rematou no posto 35º, pero no clasificatorio de 2.000 m tivo unha destacada actuación o rematar no posto 10º.
En cadetes, o canoista Adrian Ribademar no seu primer ano na categoría, fixo unha meritoria octava posición. E os veteranos obtiveron uns resultados moi destacados, pois Lino Cacabelos proclamouse Campión de España no C-1 veterano (44-49 anos) e. Rut Otero foi Subcampiona de España en K-1 veterana (35-39 anos).
RESULTADOS INDIVIDUAIS
| Palista | Modalidade e categoria | Clasificación |
| Diego Romero | C-1 senior | Subcampión |
| Diego Romero | C-1 sub 23 | Campión |
| Alvaro Bravo | K-1 senior | 35º |
| Natalia García | K-1 muller senior | 20ª |
| Tania Alvarez | K-1 muller senior | 28ª |
| Laura García | K-1 muller xuvenil | 5ª |
| Sara Bravo | K-1 muller xuvenil | 45ª |
| Manuel García | C-1 xuvenil | 8º |
| Diego Naveiro | C-1 xuvenil | 35ª |
| Borja Meis | C-1 xuvenil | 37º |
| Sergio Meis | C-1 xuvenil | 50º |
| Félix Meis | C-1 xuvenil | volcou |
| Adrian Ribademar | C-1 cadete | 8º |
| Eduardo da Silva | K-1 cadete | Non pasou a clasificatoria |
| Rut Otero | K-1 muller veterano (35-39) | Subcampiona |
| Marcelino Cacabelos | C-1 veterano (44-49) | Campión |
RESULTADOS POR CLUBS (10 primeiros)
| Posto | Club | Puntos |
| 1º | Kayak Tudense |
1.642 |
| 2º | Náutico Sevilla |
1.542 |
| 3º | Piragüismo Aranjuez |
1.476 |
| 4º | Grupo C. Covadonga |
959 |
| 5º | As Torres de Catoira |
876 |
| 6º | BREOGÁN DE O GROVE |
750 |
| 7º | Iuxtaman-Monteoro |
714 |
| 8º | Amigos Remo Zamora |
665 |
| 9º | Los Gorilas de Candas |
646 |
| 10º | N. Palma de Mallorca |
562 |


