OS “PEQUENOS” PRIMEIROS EN PORTONOVO.

portonovoNa mañán do sábado 3 de maio, disputouse en Portonovo unha regata amistosa de promoción, para as categorías: benxamín, alevín e infantil.

Estas regatas amistosas teñen a súa importancia para os deportistas destas idades, pois ademáis de ter unha actividade máis; normalmente non acuden tantos clubs nin tantos competidores como nas regatas oficiais, polo que os que si acuden teñan máis posibilidades de acadar un dos tres primeiros postos que lle dan dereito a medalla, e o mesmo tempo collen máis motivación e autoestima.

O Breogán presentou un equipo de preto de 30 padexeir@s, que se fixeron co primeiro posto na clasificación por clubs, por diante de As Torres de Catoira e do Portonovo. No plano individual os nos@s deportistas gañaron un total de nove medallas; destacando na categoría de canoas infantil “B” na que ocuparon os tres peldaños do pódium.

PADEXEIR@

CATEGORIA

POSTO

Lorena Moldes K-1 muller alevín “B”

Antía Soutullo K-1 muller alevín “A”

Carmela Eirea K-1 muller alevín “A”

Eloi Ochoa C-1 infantil “B”

Manuel Meis C-1 infantil “B”

Tomas Benavides C-1 infantil “B”

Antia Naveiro K-1 muller infantil “B”

Daniel Mourelos K-1 infantil “B”

Brais Frieiro C-1 infantil “A”