A ESCOLA DE XADREZ CONTINUA COAS CLASES ATE FIN DE CURSO

escola de xadrezA Liga Galega de Xadrez xa rematou, e os dous equipos do Breogán acadaron os obxetivos marcados a principio de temporada, que non eran outros que os de manter a categoría.

O Breogán “A” na vindeira temporada seguirá na Primeira División do xadrez galego e, o Breogán “B” seguirá na Terceira División, e o mesmo tempo servirá para que os rapaces e rapazas da Escola de Xadrez poidan dar os seus primeiros pasos na competición.

Pola súa banda, a Escola de Xadrez, como é habitual, continuará coa súa actividade ate o remate do curso escolar. Impartindo as súas clases os venres a partires das 17,30 h. no Pavillón de Deportes Náuticos, baixo a vixiancia de Heladio Outeiro.