1ª Regata infantís

O sabado día 9 de febreiro o encoro de Verducido (Pontevedra) acolleu a primeira regata da XVIII Copa Galega de Promoción, dirixida a deportista de categoría infantil.

Por diferentes motivos, contamos coa ausencia de varios deportistas, presentando un equipo formado por once palistas baixo os mandos de Marcelino Cacabelos e a supervisión de Rut Otero.
A clasificación por clubs estibo moi igualada, con pequenas diferencias; o Breogán ocupou o posto once na clasificación final, pero de non ser descalificado o canoista Brais Frieiro, mellorariamos catro postos na clasificación.
A nivel individual destacou o segundo posto de Antía Naveiro entre as mulleres kaiakistas infantís «B», nesta mesma categoría Angela Rodríguez ocupou o posto 28º.
Os canoistas infantil «B» tiveron unha boa actuación, Eloi Ochoa foi 5º (segundo pola súa man), Manuel Meis 6º e Tomas Benavides rematou 9º.
Entre os kaiakistas infantil «B» o mellor clasificado foi Daniel Mourelos no posto 11º, Juan Camilo Ortiz foi 15º, Sergio Outeda 18º, Joaquín Lapido 53º e David Conde 57º.
Para rematar, o canoista infantil «A», Brais Frieiro rematou no posto 10º, ainda que foi descalificado.