BREOGÁN TERCEIRO NO CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO

cg invO pasado sábado día 23 de febreiro disputouse en Verducido, o Campionato Galego de Inverno sobre 5.000 m.; competición na que o Breogán acadou a terceira posición por detrás de Kayak Tudense e Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra. Ao mesmo tempo celebrouse o Campionato Galego de Inverno de Veteranos, no que os máis “maiores” do Breogán obtiveron a quinta posición por clubs.

Neste campionato puderonse ollar grandes regatas en diferentes categorías, podendo destacar a regata do C-1 senior na que participaron varios Campións do Mundo de Maratón, como Tono Campos (Náutico Betanzos) que fora Campión no C-1 ou como Ramón Ferro e Oscar Graña (Kayak Tudense) que foron Campións no C-2. Estando tamén presente Jose M. Sanchez (Náutico Betanzos) compañeiro de Tono Campos no C-2 que acadou a medalla de bronce no Mundial de maratón, Manuel Garrido varias veces medallista en mundiais de maratón, ou David Mosquera (Náutico Betanzos) cuarto no último mundial de maratón, e outros palistas destacados como André Oliveira (Firrete).

Entre todo este ramillete de canositas de gran nivel, impuxose o palista do Breogán de O Grove, Diego Romero, palista que aínda é de categoría sub 23; que realizou unha gran regata na que amosou un gran estado de forma.

De principio esta regata, foi dominada por un grupo de cinco deportistas; Diego Romero (Breogán), Tono Campos (Betanzos), Manuel Garrido (Kayak Tudense), Andre Oliveira (Firrete) e David Mosquera (Betanzos).

O peso da regata levou casi sempre Diego Romero, que aproveitando as ciabogas daba fortes tiróns que fixo que na cabeza so quedara o trio formado por el mesmo, Campos e Garrido.

O remate da regata tivo unha gran loita nun sprin moi longo do que primeiro se quedou Garrido, chegando moi apretados Romero e Campos, caindo o primer posto do lado do breoganista.

Nesta regata tamén participou un loitador Miguel Fernández, que rematou no posto trigésimo.

No K-1 senior participou Alvaro Bravo que tivo unha boa actuación despois dunha lesión este inverno, rematando na octava posición. Nesta categoría tamén participou Yoel Alonso.

Todolos participantes do Breogán tiveron unha actuación moi digna, fora da posición que acadaron. Moi interesante tamén estivo a regata de mulleres kaiakistas, na que competiron xuntas as categorías de senior e xuvenís. Destacou a actuación da xuvenil Laura Garcia que foi segunda na súa categoría, ainda que aguantou moito tempo no grupo de cabeza; quedando por diante da súa irmán Natalia e de Tania Alvarez, que no seu primeiro ano de senior, todavía son de categoría Sub 23; acabaron cuarta e quinta.

Nesta mesma regata a xuvenil Sara Bravo foi novena e Ainara Sanchez foi décimo quinta.

O terceiro dos irmáns Garcia Naveiro, Manuel foi medalla de bronce no C-1 xuvenil, donde Borja Meis foi noveno, Diego Naveiro onceavo e Sergio Meis doceavo. Destacar nesta regata a actuación de Félix Meis, que tras unha boa saída, volcou, e logo tivo que parar a vaciar a auga; facendo logo unha gran remontada ata o posto décimo séptimo.

Entre os kaiakistas xuvenís, o Breogán estivo representado por Carlos Alvarez, que acadou o posto vixésimo primeiro.

Adrian Ribademar debuto una categoría cadete do C-1, rematando nun octavo posto que pode mellorar. Sara Cacabelos entre as mulleres kaiakistas cadetes, rematou nom posto décimo octavo.

A regata con máis deportistas inscritos foi a de kaiakistas cadetes, cun total de 106 deportistas. Breogán estivo presente con catro palistas que son de primer ano e ainda teñan un amplo marxen de mellora e que obtiveron os seguintes resultados. Eduardo da Silva (31º), Martín Pregal (34º), Adrian Otero (38º) e Adrian Conde (49º).

Nos veteranos, Marcelino Cacabelos foi segundo na C-1 de 45-49 anos; Rut Otero foi terceira entre as mulleres veteranas; Simón Dias rematou octavo entre os kaiakistas de 45-49 anos e Rufino Garrido acabou quinto nos K-1 de 50-54 anos.

no images were found