VIABUSTRAVEL NOVA EMPRESA COLABORADORA DO EQUIPO DE PIRAGÜISMO DO BREOGÁN DO GROVE.

Viajes Viabustravel e o C.M.D.C. Breogán chegaron a un acordó polo que a axencia de
viaxes pasa a ser empresa colaboradora do equipo de piragüismo do Breogán.

Grazas a este acordo Viabustravel encargarase de organizar as estancias do equipo
de piragüismo do Breogán nos seus desprazamentos pola xeografía española para
participar nos distintos Campionatos de España e outras regatas a nivel nacional, nos
que participe.

Breogán ve mellorado o acordo que mantiña coa axencia de viaxes coa que traballou
en temporadas anteriores, unindo a esto que Viabustravel é unha empresa local.

As furgonetas do Breogán levaran a publicidade desta nova empresa colaboradora,
ademáis doutras colaboracións.

Ambalas dúas partes amosanse satisfeitos co acordó acadado, agardando que este se
prolongue no tempo. O primeiro desprazamento “xuntos”, realizarase os vindeiros 16
e 17 de marzo, polo despramento do equipo de piragüismo do Breogán a Sevilla para
disputar o Campionato de España de Inverno.

Pola súa banda, a Xunta Directiva do C.M.D.C. Breogán sigue traballando na precura
dun patrocinador para o seu equipo de piragüismo, ainda que as dificultades
económicas actuáis, fan que esta sexa unha laboura moi complicada.

DSCF2278