BREOGÁN, TERCEIRO NA BAIXADA DO UMIA

baixada do umia 2Na tarde do domingo día 16 de xuño disputouse a XIX Baixada do Umia, onde o Breogán presentou un equipo formado por quince padexeir@s, co que acadou a terceira posición por clubs.

Nunha tarde chuviosa, a actuación dos nosos deportistas foi variada, como ocorre normalmente no descenso dun río. Así, a súa participación foi dende obter cinco primeiros postos e dous segundos ata varios dos nosos deportistas non entrar no tempo de control.

Destaca  a participación de Diego Romero, quen despois de chegar de terras lusas tras a súa participación no Campionato de Europa de Pista Absoluto, inscribiuse a última hora para gañar con facilidade a regata na súa categoría.

Outras catro categorías máis foron gañadas por deportistas do Breogán: Tania Álvarez impoñíase en K-1 muller senior, Sara Bravo gañaba o K-1 muller xuvenil, Adrián Ribadomar ocupaba a primeira posición no C-1 cadete e os xemelgos Meis Contrasty acaparaban os primeiros postos no C-1 xuvenil, -Félix era primeiro e Sergio Segundo-,  e pola súa banda, Marcelino Cacabelos era segundo en C-1 veterano.

Resultados:

Padexeir@ Categoría Posto
Edu da Silva K-1 home cadete 10º
Adrián Conde K-1 home cadete 30º f.c.
Adrián Otero K-1 home cadete 37º f.c.
Jose M. Méndez k-1 home cadete 45º f.c.
Adrián Ribademar C-1 home cadete
Félix Meis C-1 home xuvenil
Sergio Meis C-1 home xuvenil
Borja Meis C-1 home xuvenil
Diego Naveiro C-1 home xuvenil
Diego Romero C-1 home senior
Tania Álvarez K-1 muller senior
Sara Bravo K-1 muler xuvenil
Ainara Sánchez K-1 muller xuvenil 9º f.c.
Sara Cacabelos K-1 muller cadete 11º f.c.
Lino Cacabelos C-1 veterano