O sábado día 15 de xuño disputouse a primeira edición do Campionato de España de Ríos e Travesías, que tivo lugar en Aranjuez (Madrid). Neste primeiro campionato estatal da modalidade participaron preto de 350 padexeiros en representación de 50 clubs.
Por mor de temas económicos, o Breogán non acude a este tipo de regatas nacionais, reservándonos para as regatas de pista e algunha de maratón, aínda que nesta ocasión si tivemos a un padexeiro competindo neste campionato: Adrián González, quen participou na categoría de C-1 senior.
Adrián González fixo unha boa regata e proclamouse Subcampión de España da súa categoría, por detrás de Alan Avila (RCM Palma-La Caixa) e sendo terceiro José Óscar Osma (Piragüismo Cuenca con Carácter).