A XIII Liga Nacional de Ríos e Travesías contou con tres competicións: Campionato de España de Maratón, Campionato de España de Ríos e Travesías e Copa de España de Maratón.
Breogán non afrontou como equipo esta competición, senón que asistiu con un pequeno número de padexeir@s as distintas competicións, dando un resultado final que nos sorprendeu ao rematar na onceava posición final, sendo ademais o mellor equipo galego nesta liga.
Este posto baseouse en que estivemos presentes nas tres regatas e os padexeir@s que asistiron as mesmas obtiveron bos resultados individuais. O seguinte equipo galego na clasificación foi As Torres de Catoira, no posto 21º, que non participou en unha das regatas desta liga.