VEN A RECIBIR AO CAMPIÓN DO MUNDO, VEN A RECIBIR A TONO CAMPOS

DORSALHoxe ás cinco da tarde está previsto que Tono Campos, e o resto dos membros da expedición galega que estiveron presentes no Campionato do Mundo de Maratón, cheguen ao aeroporto de Vigo.

Unha representación do Breogán acudirá a recibir a Tono para logo, cando cheguemos ao Grove, realizar unha caravana de vehículos para celebrar os títulos acadados polo noso veciño. O inicio da caravana puxémolo para as sete da tarde, saíndo dende as inmediacións do colexio de Ardia (agardando que o avión non teña retraso). A caravana recorrerá varias rúas do pobo, para rematar preto do Pavillón de Deportes Náuticos.

Tamén queremos informar de que xa estamos en contacto coa Concellería de Deportes para facer o recibimento oficial no Concello a vindeira semana; recibimento que terá como protagonistas a Tono Campos e aos outros padexeir@s do Breogán que nesta tempada participaron a nivel internacional (Campionatos de Europa e Campionatos do Mundo): Diego Romero, Natalia García e Jacobo Domínguez.

 

tono campos