O pasado venres 21 de novembro, tivo lugar en Santiago de Compostela un acto no que o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu @s deportistas galeg@s que foron medallistas nos Campionatos de Europa e do Mundo, na presente tempada.
Tono Campos foi un dos protagonistas deste acto, do cal achegamos algunhas fotos. Na primeira vese a Tono co Presidente e co seu compañeiro de traballo (Policía Nacional) Óscar Graña que foi Bronce no mundial; e na segunda foto, vese a Tono atendendo ós medios de comunicación.
A continuación compartimos o enlace á noticia en Todogrove.com:
Tono Campos entre os deportistas internacionais recibidos por Núñez Feijóo