Boas novas para o piragüismo pontevedrés- Na tarde de onte, martes 25 de novembro, tivo lugar na Deputación de Pontevedra unha reunión informativa para os clubs de piragüismo da provincia, reunión que presidiron o presidente da deputación, Rafael Louzán, e a deputada Begoña Estévez. Á cita acudiron os presidentes dos clubs de piragüismo da provincia, e o tema a tratar foi unha serie de melloras económicas a realizar nas partidas orzamentarias destinadas ás axudas aos clubs de piragüismo, así como tamén nas subvencións para o financiamento das actividades e eventos.
Ademais, tamén se asigna unha subida nas axudas aos deportistas de elite para desprazamentos a competición internacionais, de 150.000€ a pasada tempada, a 300.000€ que percibirían no 2015, de igual xeito que se expuxo un plan de compra para 30 vehículos que serían financiados pola Diputación, Citröen, os propios clubs, e unha entidade financeira.