Na tarde do martes, Tono Campos estivo en Vigo repartindo sorte. Acudiu á Administración número 2 de Vigo como padriño da entrega dos 16 décimos co número da sorte do piragüismo español, o 16.216.
Ademais de dar a coñecer o número coa que probará sorte a Real Federación Española de Piragüismo, o grovense tamén foi obsequiado cun dos 16 décimos, que facendo gala do seu compañeirismo e xenerosidade, compartirá coa Agrupación Deportiva da Policía Nacional.
Dende esta administración de lotería viguesa, Juan e Pablo Arias, os seus responsables, expresaron o seu desexo de que o 16.216 sexa agraciado no sorteo do vindeiro 22 de decembro, xa que sería unha importante axuda para o piragüismo de España.
Para máis información, deixámosvos a noticia completa publicada pola Real Federación Española de Piragüismo.