TONO CAMPOS É GALARDOADO COMO MELLOR DEPORTISTA GALEGO EN PIRAGÜISMO

1560422_1071895389528947_3556506262190565321_nA Xunta Directiva da Federación Galega de Piragüismo elixiu os premios especiais a entregar na Gala do Piragüismo Galego 2014, que terá lugar o vindeiro sábado 13 de decembro no Auditorio do Centro Calvo Sotelo de A Coruña.
Tono Campos será premiado como Mellor Deportista Masculino 2014, grazas aos títulos acadados no Campionato do Mundo de Maratón (Campión en C-1 e Subcampión en C-2) ademais da gran tempada realizada en pista co seu compañeiro Diego Romero e os bos resultados colleitados a nivel nacional.
Nesta Gala tamén serán entregados os premios aos mellores nas distintas ligas do piragüismo galego, onde o C.M.D.C. Breogán tamén estará presente, recollendo premio do 3º posto da XIX Liga Galega de Pista e o premio polo 2º posto da XIX Liga Galega de Promoción (infantís).