O pasado venres (28 de novembro) celebramos unha asamblea extraordinaria, con un só punto na orde do día: «Situación na que queda o terreo propiedade do CMDC Breogán, sito no Monte da Vila, no actual PXOM que agora mesmo se atopa en período de exposición pública. E posible toma de medidas ante esa situación».
Nesta asamblea explicouse @s socios, cun plano xigante da zona, onde se ubica o noso terreo; que o mesmo queda inlcuido no solo urbanizable «SUNC-9/1 (POD)», dando conta do que esto significa.
Despois dun amplo debate e intercambio de opinións entre @s presentes, acordouse presentar unha alegación que estará dirixida por un técnico en contacto coa directiva, despois de manter algúns contactos e recabar información de cara a que esta alegación se presente da forma que mellor poida defender os intereses na nosa entidade.