A LANZADA OCEAN RACE 2014

10372205_365331886970012_4020014135889700845_nMañá, sábado 6 de decembro, a partir das 11:00h na praia da Lanzada, celebrarase a primeira edición de A Lanzada Ocean Race.

Esta proba trátase dunha regata de SurfSki (15km de percorrido) en categoría absoluta para modalidades de SS1 e SS2, e de Stand Up Paddle (SUP, 7km de percorrido). 

Á proba, organizada pola Federación Galega de Piragüismo (en especial a área de kaiak de mar) e a tartaruga-Surf, conta coa colaboración do Concello do Grove, que pon á disposición da competición os servizos de Protección Civil, así como de grandes marcas como son Nelo, RRD, etc…

Os mellores en Surfski e Stand Up Paddle de Galicia asistirán a esta proba, polo que a emoción está asegurada. Non perdas esta cita do piragüismo galego!!!