O VINDEIRO SÁBADO CELEBRARASE A GALA DO PIRAGÜISMO GALEGO 2014

A Gala do Piragüismo Galego 2014 celebrarase o próximo día 13 a partir das 18.30 horas no teatro do Colexio Calvo Sotelo da Coruña. Terá lugar despois da asemblea da Federación Galega de Piragüismo. O evento está patrocinado pola Deputación da Coruña.

Na gala entregaranse os premios correspondentes ás distintas competicións que se desenvolveron ao longo da pasada tempada. As ligas galegas e provinciais contaron cunha ampla presenza de deportistas, confirmando unha vez máis a tendencia á alza dos últimos anos. As ligas de pista, augas bravas, kaiak de mar ou kaiak polo tiveron un alto nivel de participación.
A gala tamén recoñecerá o mellor deportista masculino, feminino, a mellor regata, os mellores padexeiros promesas, mellor adestrador, mellor club, mellor árbitro, medio de comunicación, superación deportiva, traxectoria deportiva e un especial dedicado á divulgación do piragüismo.

10407622_1080846038633882_8680639791505490626_n