TRES EQUIPOS DO BREOGÁN, INSCRITOS NA LIGA GALEGA DE XADREZ

10850152_1083999371651882_7435175713046747509_nA Liga Galega de Xadrez iniciarase o día 10 de xaneiro, onde o Breogán terá tres equipos en competición: Breogán “A” competirá no Grupo B da Primeira División Galega; Breogán “B” no grupo F da Terceira División e o Breogán “C” no Grupo A da Cuarta División.
Na primeira xornada os equipos “A” e “B”, iniciarán a súa competición na “casa” recibindo o “A” ao Escola Técnica de Xadrez e o “B” o Liceo de Noia. Pola súa banda o equipo “C” descansará na primeira xornada o ser un número de equipos impar neste grupo.
Os rivais de grupo dos nosos equipos serán:
PRIMEIRA DIVISIÓN: Breogán “A”, Mercantil de Riveira, CXF-Baños Print, Marquiño, USC Xuvenil, Xadrez Gallaecia, Distribunosa-Padrón “B”, CXF-Banco Mediolanum, EXP Ramón Ecudeiro Tilve, Ajedrez Sanxenxo, Ecola Técnica de Xadrez e Torpedo Gallaecia.
TERCEIRA DIVISIÓN: Breogán “B”, CXF-La Goleta, Carpintería Yañez, Distribunosa-Padrón “C”, EXP Zona Informática, CXF-Vitaldent, Club Xadrez Rianxo “B”, Liceo de Noia, Hostal Miramar e EXP Cidade de Pontevedra.
CUARTA DIVISIÓN: Breogán “C”, Club de Ajedrez Albariño, EXP Limpiezas San Vicente, CXF Viajes Otero CXF CCarousa, Club Xadrez Bueu “B”, EXP Casino de Pontevedra, CXF-Cafetería Lembranza e CXF-Autobuses Pereira.