O vindeiro sábado celebrarase na Coruña a Gala do Piragüismo Galego, na que o noso palista internacional Tono Campos será galardoado como un dos mellores padexeiros do ano 2014. Este recoñecemento, recibirao xunto con Ana Varela do Kayak Tudense, que recibirá o título á mellor palista desta tempada.
Tono Campos recibirá este especial galardón tras a magnífica tempada que ven de realizar, conseguindo o título de Campión de Mundo de Maratón en C-1 en Oklahoma, e o subcampionato na categoría de C-2 nesa mesma competición, ademais da gran tempada realizada en pista co seu compañeiro Diego Romero e os bos resultados colleitados a nivel nacional.
Nesta Gala tamén serán entregados os premios aos mellores nas distintas ligas do piragüismo galego, onde o C.M.D.C. Breogán tamén estará presente, recollendo premio do 3º posto da XIX Liga Galega de Pista e o premio polo 2º posto da XIX Liga Galega de Promoción (infantís).