O BREOGÁN LEVA O CASTELO DO REI HERODES Á CABALGATA DE REIS GROVENSE

Outro ano máis, o C.M.D.C. Breogán achegou o seu pequeno gran de area ao Nadal grovense. Con motivo da celebración da Cabalgata de Reis do 2015, o noso club estivo involucrado na confección e preparación de dúas carrozas: elaborando por completo unha carroza propia do club, e colaborando na confección dunh das carrozas do Concello do Grove.

A primeira delas, a carroza do Breogán, tratábase dunha representación do castelo do Rei Herodes, na que viaxaron varios rapaces e rapazas repartindo caramelos vestidos da época para a ocasión.

Pero a contribución do club á cabalgata de Reis meca non quedou aí. Ademais de presentar unha carroza propia, varios membros do club colaboraron na elaboración dunha das carrozas do Concello, que este ano tiña como protagonistas a uns bonecos xa coñecidos por varias xeracións: os Picapedra.

Dende o Breogán, agardamos que os traballos que fixemos con tanto gusto e agarimo foran do agrado tanto de pequenos como de maiores, contribuíndo a facer que estas datas sexan, se cabe, máis especiais.

Castelo de Herodes do Breogán

10401973_1103563756362110_8171647565281254073_n1965457_1103564196362066_151983933751211193_o (1)Carroza dos Picapedra, Concello do Grove

10904553_1103565393028613_3140662659188245522_o 10704024_1103565449695274_7422101645109641426_n