Tag Archives: Breogán

A SECCIÓN DE PIRAGÜISMO CONTARÁ CUNHA NOVA ESTRUCTURA TÉCNICA

A sección de piragüismo do CMDC Breogán de O Grove, mantivo o pasado mércores 30 de Setembro unha reunión que marca o inicio da temporada invernal que servirá de preparación cara a temporada oficial de 2016. Nesta reunión marcaronse as liñas de traballo a seguir a partir do día 1...
Read more

NATALIA GARCÍA RENUNCIA A DISPUTAR O EUROPEO SUB 23

A padexeira grovense do C.M.D.C. Breogán, Natalia García Naveiro, que acadara nos selectivos da pasada primaveira unha das prazas no equipo que participaría no Mundial e o Europeo de idade sub 23 decidiu non participar no Campionato de Europa que se está a celebrar estes días na localidade rumana de...
Read more

SUBCAMPIONATO E BRONCE PARA TONO CAMPOS EN GYOR

Dúas medallas, unha prata e un bronce, foi o botín que acadou Tono Campos, o padexeiro grovense do Breogán, no Campionato do Mundo de Maratón celebrado esta fin de semana na localidade húngara de Gyor. O canoista meco proclamouse subcampión mundial na proba de C-1 e rematou en terceira posición...
Read more

OUTRO OURO NA XORNADA DE TARDE

Durante a tarde tiveron lugar as competicións en barcos dobres na Copa de España 1.000 m. que se está a celebrar en Trasona-Asturias e,onde os nosos deportistas se colgaron outro ouro. Como era de agardar, Diego Romero e Tono Campos colgáronse a Medalla de Ouro ao impoñerse no C-2 senior,...
Read more

RESULTADOS DA 3ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE XADREZ.

O pasado sábado disputouse a terceira xornada da Liga Galega de Xadrez, xornada na que os tres equipos cos que conta o Breogán en competición disputaron os seus respectivos encontros. O Breogán «B» (terceira división) e o Breogán «C» (cuarta división) gañaron os seus encontros por 3-1 e 1-7, respectivamente,...
Read more

1ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE XADREZ

Hoxe, sábado, disputouse a 1ª xornada da Liga Galega de Xadrez, na que xogaron como locais dous dos nosos equipos; o Breogán «A» no Grupo B da Primeira División, enfrontouse á Escola Técnica de Xadrez. E, o Breogán “B” no Grupo F da Terceira División, comezou competición enfrontándose ao Liceo...
Read more

O BREOGÁN LEVA O CASTELO DO REI HERODES Á CABALGATA DE REIS GROVENSE

Outro ano máis, o C.M.D.C. Breogán achegou o seu pequeno gran de area ao Nadal grovense. Con motivo da celebración da Cabalgata de Reis do 2015, o noso club estivo involucrado na confección e preparación de dúas carrozas: elaborando por completo unha carroza propia do club, e colaborando na confección...
Read more

OS INICIOS DE TONO CAMPOS REPRESENTADOS NUN SORRISO

Imaxe de hai uns cantos anos, nos inicios no mundo do piragüismo dun dos nosos padexeiros máis internacionais, Tono Campos. Con el están outros compañeir@s que comezaban a destacar: Martín Aguayo, Xosé Bravo, Martín Gondar e Emma Bea....
Read more

OUTRA DE MEMORIA…

Volvemos a ollar cara atrás e facer memoria… Hoxe deixámosvos esta fotografía do grupo de danza e gaitas do Breogán, diante da Capela das Cunchas da Toxa....
Read more