A padexeira grovense do C.M.D.C. Breogán, Natalia García Naveiro, que acadara nos selectivos da pasada primaveira unha das prazas no equipo que participaría no Mundial e o Europeo de idade sub 23 decidiu non participar no Campionato de Europa que se está a celebrar estes días na localidade rumana de Baskov.
A decisión responde á coincidencia de datas da cita continental coa boda dun dos seus irmáns. A decisión, que se fixo pública nos últimos días, xa fora comunicada por Natalia ó corpo técnico e ó resto de compañeiras de combinada nacional logo de rematar o Campionato do Mundo que se disputou en terras francesas.