Durante a tarde tiveron lugar as competicións en barcos dobres na Copa de España 1.000 m. que se está a celebrar en Trasona-Asturias e,onde os nosos deportistas se colgaron outro ouro.
Como era de agardar, Diego Romero e Tono Campos colgáronse a Medalla de Ouro ao impoñerse no C-2 senior, categoría na que Miguel Fernández e Adrian Fernández, acadaron a segunda posición na Final B.
O K-2 de mulleres senior de Natalia García e Tania Álvarez metéronse na final, onde acadaron a oitava posición.
Mentres o K-2 de homes xuvenís de Edu da Silva e Adrian Otero,non foron capaces de superar o corte na contralreloxo que daba o pase ás semifinais.
Ao remate desta xornada, o Breogán ocupa a oitava posición por clubs, nunha clasificación moi axustada e que seguramente sufrirá cambios na xornada de mañá, onde participarán os K-4 e C-4.
Así mesmo, participarán os deportistas veteranos, que problamente nos aporten algunhas alegrías.