Na mañá de hoxe disputaronse as probas en embarcacións indidividuais (K-1 e C-1) da Copa de España de 1.000 m. en Trasona-Asturias.
Os deportistas do Breogán xa se colgaron as primeiras medallas nesta primeira xornada, que continuará pola tarde coas embarcacións dobres (K-2 e C-2) e rematará mañá cos K-4 e C-4 e os deportistas da categoría veteranos.
Diego Romero colgouse a Medalla de Ouro ao impoñerse no C-1, onde Tono Campos, con un evento que perxudicaba aos padexeiros zurdos, tívose que conformar coa 7ª posición.
Gran resultado o acadado por Natalia García, que despois de non participar no Campionato de España de Inverno, na súa primeira toma de contacto a nivel nacional nesta tempada, fixose coa Medalla de Bronce.
Importante tamén a actuación da canoista senior, Antía Rodríguez que rematou na 6ª posición, pero que tamén se veu perxudicada polo evento e rematou a escasos segundos de entrar nos puntos.