SEXTOS POR CLUBS NA COPA DE ESPAÑA 1.000 m

Na mañá de hoxe disputáronse, no encoro de Santa Cruz de Trasona-Asturias, o resto de regatas que conformaban a Copa de España de 1.000 m.

O resultado final por clubs do Breogán foi moi positivo, ao rematar na 6ª posición, sendo o segundo mellor club galego nesta clasificación.

No día de hoxe saíron a pista as K-4 e C-4; onde presentamos a embarcación de homes canoistas senior e a de mulleres kaiakistas senior.

Tono Campos, Diego Romero, Miguel Fernández e Adrian Fernández foron os compoñentes do C-4 home senior que se colgou a Medalla de Prata.

Pola súa banda a K-4 muller senior estivo formada por: Natalia García, Tania Álvarez, Antía Rodríguez e Rut Otero; que remataron na 6ª posición.

OITAVOS NO XIII CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SPRINT SOBRE 1.000 m. PARA VETERANOS

No día de hoxe, e ao par que as regatas da Copa de España de 1.000 m., celebráronse as regatas do XIII Campionato de España de Sprint 1.000 m., para Veteranos. Onde os representantes do Breogán obtiveron unha destacadísima actuación.

Rut Otero colgouse a Medalla de Ouro que a acredita como Campiona de España no K-1 muller veterana (36-39 anos) sobre 1.000 m.

O mesmo resultado foi obtivo Miguel Fernández que se proclamou Campión de España no C-1 home veterano (36-39 anos) sobre 1.000 m.

Os puntos conseguidos por estes dous deportistas, levaron ao Breogán a quedar na oitava posición neste campionato.

11130360_1169209986464153_5067178614665370753_o10999509_1169210016464150_7979290437797193989_o11023521_1169210066464145_7305494021876558707_o